CALDAS> Os traballadores de Clesa volveron a concentrarse diante da planta de Saiar. Na protesta contaron de novo co apoio dos grupos municipais.
{flowplayer}images/salnes/terceira_manifestacion_clesa.flv{/flowplayer}
CALDAS> Os traballadores de Clesa retomaron hoxe as concentracións para evitar que se esqueza a súa situación. Son 160 os traballadores que están loitando porque a planta de productos lácteos saia a flote.
Agora están á espera de que se resolva a solicitude de concurso voluntario de acredores, unha vez que o expediente xa chegou ó Xulgado Mercantil número 6 de Madrid, o mesmo onde a familia Ruíz Mateos presentou o pre concurso para esta firma.
A concentración de hoxe é a primeira logo da aplicación do ERE solicitado por Clesa e aprobado por Traballo. Un expediente que afectará durante seis meses e de forma rotatoria a 123 empregados, e que supón a reducción da actividade productiva a un trinta por cento. A presidenta do comité de empresa aclarou que pese a estarse a aplicar o ERE seguen sen cobrar.
Lola Ramos agradece o acordo político que houbo no Parlamento galego para que a Xunta impulse un plan de viabilidade negociado e de base cooperativa que garanta a actividade productiva e os postos de traballo na planta de Caldas. Sen embargo, advirte que a situación é complicada, máxime cando a familia Ruiz-Mateos non está a facilitar as negociacións nin coa Xunta nin con posibles investidores.
O comité de empresa mantén as mobilizacións en sinal de protesta pero tamén para que coincidan tódolos traballadores e podelos informar das novidades.
Redacción Salnés