CAMBADOS> As excavacións arqueolóxicas de San Sadurniño, en Cambados, comezan xa a da-los seus froitos. Esta mañá arrancaron esas prospeccións e ás poucas horas xa apareceron os primeiros restos: anacos de cerámica que poderían ser do século XVIII.
Os traballos arqueolóxicos do illote de San Sadurniño prometen e moito. Esta mañá arrancaron as prospección deste emblemático espazo cambadés e xa apareceron os primeiros vestixios: pequenos anacos de cerámica que poderían datar do século XVII.
As primeiras teorías apuntan que poderían pertencer ó último momento no que se ocupou a illa.
Os restos son relativamente recentos porque apareceron na capa máis superficial da excavación, nos primeiros 20 centímetros de profundida. O obxectivo dos arquólogo é chegar tan lonxe como sexa posible.
Esta mañá, ademais, coincidindo co inicio dos traballos, un pequeno grupo de alumnos de 3º da ESO do IES Asorei visitaron o illote.