CAMBADOS> Hoxe estivemos durante a realización da reportaxe fotográfica no Salnés que correu da man do fotógrafo galego Kake.
{flowplayer}images/salnes/MODA_MARTIN_CODAX.flv{/flowplayer}
Unir dous sectores punteiros en Galicia, a moda e o viño. Este é o obxectivo co que naceu o proxecto no que está somerxida a adega Martín Códax xunto á revista Galiciademoda.
Unha ruta marítima polas Rías Baixas ata a illa de Sálvora, paradas en bateas de mexillóns para rematar nas instalacións de Martín Códax. Este foi o percorrido que fixeron para realizala reportaxe fotográfica. Un proxecto onde se mesturou a moda galega e o viño da nosa terra para amosalas tendencias do próximo outono- inverno.
Alba, Anxo e Mara Martín, viños mozos e de moda, foron os seleccionados para esta ocasión. Segundo a responsable de marketing da adega Martín Códax, María Garrido, unha maridaxe perfecta entre dous sectores que comparten un mesmo espírito.
O resultado desta reportaxe o poderemos ver no próximo número da revista Galiciademoda. De seguro o vindeiro ano asistiremos a outra sesión fotográfica e descubriremos as novas tendencias do momento.
Degustación
Os xardíns da adega Martín Códax foron tamén o escenario escollido para realizar unha degustación de viños elaborados pola cooperativa cambadesa. O chef Yayo Daporta foi o encargado de elaborar o menú.
Tosta de millo con queixo de Arzúa e marmelada de pementos ou berberechos frescos co mousse de coliflor e vinagre de figos, son algúns dos manxares que puideron saborear os asistentes.
A cita estivo amenizada polo grupo de jazz Swingpool, unha velada que serviu como anticipo ás festas do albariño.
Redacción Salnés