![]()
BOIRO> O concello e a ABE están a desenvolver diferentes encontros co fin de ir homoxeneizando as terrazas dos locais hostaleiros do municipio.
{flowplayer}barbanza/unificacionterrazasboiro.flv{/flowplayer}
A aplicación da lei antitabaco espertou un maior interese dos hostaleiros por dispor de terraza. Este feito provocou que os concellos tivesen que realizar cambios significativos na súa regulación, tendo en conta aspectos coma o tempo, os espazos e as modalidades de ocupación, así como tamén o mobiliario e outros elementos que se puideran empregar.
En Boiro dende hai algúns meses, equipo de goberno e representantes do sector, a través da patronal local, estiveron mantendo diferentes xuntanzas co fin de ir chegando a acordos que posibiliten regularizar as terrazas, dando unha imaxe máis coidada e moderna.
Cinceiros reciclados
Precisamente este venres presentábase un dos elementos principais desta nova imaxe, uns borralleiros que os establecementos hostaleiros xa poden solicitar para colocar no exterior dos seus locais. Foron deseñados polo artista local Tucho Abalo con material de refugallo.
Concello e hostaleiros están a traballar tamén de cara a definir o modelo de mampara que identifique ós locais de Boiro así como toldos e demais mobiliario.
O requisito é que o novo modelo das terrazas cumpra tanto coa ordenanza municipal como coa lei antitabaco, como punto de partida para lograr unha imaxe unificada do sector.
Redacción Barbanza










