Material reciclado para a nova fachada marítima da Ribeiriña

    investimentoscostas.jpgPOBRA> A Demarcación de Costas retomará a recuperación do bordo litoral da Ribeiriña trala Semana Santa.

    {flowplayer}barbanza/investimentoscostaspobra.flv{/flowplayer}

    Tralo derrube da fábrica de ‘La Onza de Oro’, o proxecto de recuperación do litoral da Ribeiriña sufriu un parón por mor do inicio das obras de saneamento na zona. Agora, unha vez concluída a instalación das redes retomaranse os traballos trala Semana Santa que consistirán na construción dunha senda peonil e a reutilización dos entullos da antiga factoría para conformar unha nova fachada.

    O proxecto inicial contemplaba tamén o derrube da nave da Hadasa que non poderá ser executado. Malia que a concesión do dominio público xa caducou, a autorización para as zonas de titularidade privada están pendentes aínda de fallo xudicial. Dende Costas agardan que a resolución non se demora máis aló deste ano.

    Recuperación das marismas

    Outro dos proxectos que ten previsto sacar a información pública o departamento dependente do Ministerio de Medio Ambiente é a recuperación das marismas das Xunqueiras. O proxecto, aínda que aprobado tecnicamente, depende tamén da resolución do recurso contra o deslinde marítimo terrestre.

    Paseo marítimo

    Na súa visita á Pobra o xefe da demarcación de Costas anunciou tamén a continuación da senda peonil entre o Xobre e Cabío que proximamente sairá a licitación pública.

    Todas estas actuacións, unidas ós traballos de conservación e mantemento que se están a executar, tradúcense en máis de tres millóns de euros que ten investido Costas nos últimos anos na Pobra.

    Redacción Barbanza