Solución consensuada para os envases lixeiros da planta de Servia

plantaserviaecoembes.jpgNOIA>  Segundo informou Rafael García Guerrero, presidente da entidade supracomarcal, a vindeira semana mesmo podería chegarse a unha solución.

A planta de xestión de residuos de Lousame atópase ó límite da súa capacidade no relativo a estoxos de plástico lixeiro, despois de que Ecoembes decidira facerse cargo da recollida de tan só o trinta por cento destes residuos, por ser a porcentaxe que corresponde ós fabricantes que están adheridos á esta sociedade de reciclaxe. Dende a Mancomunidade da Serra do Barbanza levan meses buscando unha solución que satisfaga a ámbalas dúas partes que podería materializarse a vindeira semana.

{flowplayer}barbanza/plantareciclaxeecoembes.flv{/flowplayer}

O presidente da Mancomunidade agradeceu o labor de mediación da Consellería de Medio Ambiente na procura dunha saída.

Dende principios de ano, Ecoembes non recolle o setenta por cento dos plásticos e envases lixeiros que chegan á planta de Servia. O material acumulado nas instalacións xa supera as duascentas toneladas. Ademáis, a Mancomunidade veu reducidos significativamente os seus ingresos na taxa que cobraba a esta empresa de reciclaxe.

Redacción Barbanza