Conductores e peóns levan meses padecendo as obras no casco urbano

    cambioscirculatorios100.jpgRIBEIRA> As obras de saneamento están a ocasionar molestias ós veciños e ós condutores que a diario teñen que facer fronte a novos cambios circulatorios.

    {flowplayer}barbanza/cambioscirculatoriosobrasribeira.flv{/flowplayer}

    A renovación da rede de saneamento en Ribeira supón unha obra de gran envergadura, xa que comprende dende a zona do Touro ata o paseo das Carolinas. Dada a súa magnitude, a execución dos traballos estase a prolongar no tempo ocasionando molestias ós veciños e ós condutores.

    Unha vez concluídas as obras na zona do Touro o groso dos traballos céntrase nas inmediacións da rotonda de Padín. Actualmente, o treito final da avenida do Malecón atópase cortado en dirección ó paseo marítimo. E a rúa de Galicia, no seu tramo final, permanece pechada dende hai meses.

    Veciños e comerciantes denuncian a tardanza das obras e a falla de planificación posto que non é a primeira vez que se levanta a rúa en cuestións de meses.

    Máis seguridade

    Botan en falla ademais a adopción de medidas de seguridade nas inmediacións das obras para as persoas que non teñen máis remedio que cruzar a rúa para acceder ás súas vivendas ou negocios.

    A pesar das queixas, outros veciños asumen as molestias con resignación posto que entenden que se trata dunha actuación necesaria que contribuirá a mellorar a imaxe da zona e acabar cos problemas de cheiros que viñan rexistrando.

    Os menos optimistas deberán armarse de paciencia á espera de que rematen os traballos. Agardan que o fagan antes do verán cando se incrementa considerablemente o tráfico no centro da vila.

    Redacción Barbanza