![]()
RIANXO > O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, visitou o obradoiro de emprego de Rianxo que se puxo en funcionamento hai tres meses.
O dirixente, acompañado do alcalde Pedro Piñeiro e a delegada provincial María Debén, achegouse ata a aula onde se desenvolve o taller de carpintería. Durante o transcurso da visita, Varela anunciou que a Consellería de Traballo investirá na provincia de A Coruña máis de 73 millóns de euros en políticas activas de emprego.
A cambio de recibir formación en especialidades como a albanelería, carpintería ou xardinería e cobrar un soldo, os corenta alumnos que participan no obradoiro de emprego de Rianxo aprenden un oficio que os axudará a atopar un emprego.
Máis do 90% destes alumnos son mulleres. Integran o obradoiro persoas que pertencen a colectivos de difícil insersión no mercado laboral, como parados de longa duración ou maiores de 25 anos.
Remodelación de espazos públicos
As participantes da iniciativa, ademáis, aportan un beneficio ao concello. Serán as encargadas de levar adiante actuación de remodelación de varios núcleos rurais do municipio como o de Brión e o da Capela, o amaño de accesos e o arranxo e limpeza de espazos públicos.
O obradoiro de emprego de Rianxo conta cun investimento dun millón de euros, dos que a Consellería de Traballo achega algo máis de 784 mil euros e o concello de Rianxo preto de 220 mil.
Políticas de promoción do emprego
Nos últimos dous anos o concello de Rianxo beneficiouse de varias iniciativas procedentes da Consellería de Traballo. Entre elas, programas de cooperación, plans integrais de emprego e dous obradoiros. Un investimento que superou os dous millóns de euros e do que xa se beneficiaron 162 parados.
Segundo explicou Varela estes proxectos formativos serven para establecer un marco de diálogo entre a Administración autonómica e as institucións locais e situou ao redor do 70% a porcentaxe de inserción laboral dos participantes nestes iniciativas. O obradoiro de emprego Rianxo rematará a finais do mes de setembro de 2008.
{flowplayer}barbanza/conselleiroenrianxo.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza







