Balance positivo do Plan ‘Riveira Move’ tras cinco meses de funcionamento

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, saíu hoxe ós medios para dar a coñecer os datos das viaxes en bus subvencionadas que se superan xa as 55 mil. O rexedor aproveitou tamén para anunciar a ampliación da tarxeta escolar ás fins de semana e vacacións e a posibilidade de abrir durante o verán unha liña de autobús regular ata a praia do Vilar.

Despois de cinco meses dende a súa posta en funcionamento, o balance que fai o executivo ribeirense do Plan de Transporte Urbano Riveira MOVe é moi satisfactorio. Segundo informou o rexedor neste tempo realizáronse máis de 55 mil viaxes subvencionadas, o que supón un aforro de preto dos 43 mil euros para os usuarios do transporte urbano.

Os bos resultados acadados permítenlle ó Concello poder ampliar o uso da tarxeta Riveira MOVe escolar tanto ás fins de semana como tamén a días festivos e vacacións como Semana Santa e o verán.

O executivo estuda tamén a posibilidade de habilitar ademais, de cara o verán, unha nova ruta ata o Vilar.

Comments are closed.