![]()
PADRÓN> Tras catro días de folga no servizo de recollida de lixo, a situación nas rúas de Padrón comeza a ser insostible.
{flowplayer}barbanza/folgalixopascua.flv{/flowplayer}
Bolsas cheas de desperdicios amoréanse en cada esquina causando molestias non só ós veciños senón ós moitos visitantes que se desprazan ata a vila nestas datas en que se celebra a súa festa grande: a Pascua.
O incumprimento do acordo asinado en outubro por parte da empresa Global Vambru levou ós traballadores da recollida de lixo de Padrón a cumprir coa ameaza dunha nova folga. Dende o sábado tan só están a realizar os servizos mínimos impostos polo concello.
Incidentes
Este luns rexistrábanse xa os primeiro incidentes, con denuncias de por medio, entre os traballadores en folga e o persoal contratado polo concello para realizar tarefas de limpeza.
Mentres, os veciños sofren con resignación as consecuencias dun conflito a tres bandas, entre concello, empresa concesionaria e traballadores, no que se ven inmersos sen ter nada que ver.
‘Comprensión’
A pesar das molestias que lles ocasiona son moitos os que se solidarizan coa súa causa e entenden a elección destas datas festivas para facer máis presión. Precisamente, os traballadores piden desculpas ós veciños e apelan á súa comprensión posto que, din, é a única vía para reclamar que se respecten os seus dereitos. Comprensión da que deberán facer gala os padroneses ante un conflito con poucos visos de solucionarse a curto prazo.
Redacción Barbanza










