Imputados catro cazadores de Ribeira por infrinxir a lei de Caza

    RIBEIRA> Ó parecer verteron aceite usado dos barcos en varias pozas para atraer ós xabaríns e despois poder seguirlles o rastro. As multas as que se enfrontan van dende os seis mil ós trinta mil euros. Varias denuncias anónimas sobre as presuntas irregularidades que se estaban cometendo en varios montes de Ribeira puxeron sobre a pista a Policía Autonómica, que puxo en marcha un dispositivo de vixilancia. Segundo informaron as propias fontes policiais os axentes que participaron no operativo puideron constatar como varios cazadores estaban infrinxindo gravemente a Lei de Caza, derramando aceite usado dos barcos en varias pozas para atraer ós xabaríns e posteriormente poder seguirlles o rastro e cazalos con facilidade. Os axentes tomaron fotografías dos feitos e posteriormente identificaron os autores dos mesmos. Ós catro cazadores abríuselles xa un expediente administrativo sancionador que será instruído dende a propia Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña.