BOIRO> As reparacións e venda de recambios centraron a actividade nestas primeiras xornadas de apertura dos concesionarios. Polo momento, a venda de vehículos non acaba de arrancar. Para incentivalas, as marcas ofrecen interesantes descontos.
Coas ventas de vehículos paradas dende que se decretou o estado de alarma, os concesionarios volveron á actividade timidamente. Nestas primeiras xornadas, as vendas están a centrarse principalmente en pezas e recambios, especialmente baterías.
O xerente de Motor Boiro confía en que as vendas, tanto de vehículos novos como de ocasión, comecen a recuperarse nos vindeiros meses.
Para incentivar as vendas, Ford está a lanzar numerosas campañas de promoción, unha especialmente dirixida ós heroes desta pandemia, os sanitarios.
Á espera de ver como evolucionan as vendas, José Manuel Abelleira é optimista. Máis ben pronto que tarde confía en saír desta crise a base de traballo.