Advirten do perigo de acumulación de algas nas praias

    ALGAS100.jpgVILANOVA> A acumulación de algas está a por en perigo a producción marisqueira de Vilanova. O problema non é novo, …

    {flowplayer}images/salnes/limpeza_algas_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A acumulación de algas está a por en perigo a producción marisqueira de Vilanova.

    O problema non é novo, pero para evitar que vaia a máis a agrupación de mariscadoras solicitou permiso á Consellería do Mar para limpar mañá, Xoves Santo, na zona das Sinas, unha das máis problemáticas, ó precisar unha seca grande para facer as labores de limpeza.

    De momento non se constatou mortalidade no marisco pero de non atallar a situación a tempo as perdas poderían ser importantes. Nesta zona das Sinas están a traballar unhas cen mariscadoras, pola boa calidade da ameixa fina e babosa que ten a praia. E, segundo apunto a presidenta Dora Nogueira, cada unha colle uns 8 quilos de marisco.

    Ademais das Sinas, tamén se están a acumular algas no Con Grande, no Castelete ou no Terrón. A preocupación entre as mariscadoras é máxima, sobre todo porque as Sinas e o Castelete son dous dos bancos máis importantes cos que contan, mentres está pechado o do Esteiro, catalogado como zona C. E precisamente no Esteiro non hai este problema coas algas.

    Na mente das mariscadoras inda está recente a importante mortalidade de ameixa que sufriron no Castelete en 2009 por mor das algas.

    Redacción Salnés