Sanxenxo vive o seu primeiro día con restricións polo avance da pandemia

SANXENXO> Logo dun verán sen sobresaltos, Sanxenxo viviu hoxe o seu primeiro día de restricións, motivado polo avance da pandemia na localidade. O último dato oficial fala de 33 casos activos no concello. É un menos que onte, cando Sanidade anunciaba as novas limitacións para o municipio

O alcalde sanxenxino, recoñece estar preocupado. Telmo Martín cre que o incremento dos casos, debése a unha certa relaxación por parte dos veciños. Pide que non se baixe a garda.

Ó igual do que se viña aplicando en Vilanova e Vilagarcía, as restricións pasan por limitar as reunións en espazos públicos e privados a un máximo de dez persoas e controlar a capacidade dos establecementos. O rexedor, non descarta volver pechar os parques e o skatepark nos vindeiros días.

Preguntado polo impacto na economía local, o popular confía en que estas medidas non a fecten á hostalaría nin ó comercio local, tendo en conta a época do ano na que estamos. Unha opinión que comparte o presidente do centro comercial urbano Entretendas.

Dende o colectivo de comerciantes poñen en valor as medidas implementadas nos locais comerciais, cun estrito cumprimento do protocolo de seguridade.