![]()
VILAGARCÍA> Ademais, proporán ós sindicatos comarcais manter unhas xuntanzas para falar da actual situación de crise.
{flowplayer}images/salnes/FECA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
Unha clara aposta pola internacionalización e a eurorexión Galicia- Portugal. Nestes dous eixos céntrase o traballo da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra e a Federación Comarcal de Empresarios de Arousa para afastar da situación actual ó sector empresarial, motor da nosa economía.
Así o manifestaron esta mañá. Estas son as claves, ó seu parecer, para potencialo sector empresarial nun momento de desafección política, tal e coma definiu o Presidente da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández.
Neste contexto, proporán ós sindicatos comarcais reunións para manifestarlles que é a quenda de apostar polo sector mercantil.
Nesta aposta polo sector empresarial, o presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa, José Luis Vilanova, criticou a xestión das administracións públicas para sorteala crise, que, ó seu entender, só veñen a prexudicalas pemes. Ademais, puxo en relevo as deficiencias en materia de infraestruturas.
A FECA, no marco do seu Foro de Debate e Feca Forum, ten previsto realizar tres debates nos vindeiros días cos candidatos á alcaldía de O Grove, Cambados e Vilagarcía.
Redacción Salnés








