Arde un turismo tras un incendio orixinado nun ‘chimpín’ de obra

    incendiochimpinpobra.jpgPOBRA> Nos labores de extinción do lume estiveron participando bombeiros dos parques de Ribeira e Boiro.

    {flowplayer}barbanza/incendiochimpinpobra.flv{/flowplayer}

    O suceso producíase ó redor das dez e cuarto desta mañá, no aparcadoiro existente a carón do monumento dedicado á muller mariñeira, ó final da rúa Castelao. Por causas polo de agora descoñecidas o chimpín de obra, propiedade da empresa Catesa, que está executando actualmente as obras de acondicionamento no paseo marítimo do Areal, comezou a arder, afectando tamén a un turismo estacionado ó seu carón.

    Importantes danos materiais

    A consecuencia dos traballos de extinción a circulación tivo que ser desviada por unha estrada alternativa, ata que unha vez retirados os dous vehículos sinistrados e limpado a zona, se procedeu a apertura do vial de novo ó tráfico.

    Redacción Barbanaza