Sanidade presenta o proxecto do Novo Hospital Único de Pontevedra

    PONTEVEDRA > Hoxe presentouse en Pontevedra o proxecto do Novo Hospital Único da capital do Lérez. Trátase de integrar nun só centros os hospitais….

    … de Montecelo e o Provincial. Este último seguirase empregando para usos sanitarios, mentres que no edificio de Montecelo se levará a cabo a ampliación e restructuración do futuro complexo hospitalario. 

     Luís González, foi o arquitecto gañador do deseño do novo hospital único, e tamén o encargado de explicar a estrutura coa que contará o novo centro. Trátase dunha ampliación e mellora do complexo de Montecelo, que pretende resolver os problemas de acceso e circulación do actual edificio, ademais de dotalo de máis servizos médicos e ampliar os existentes. O obxectivo, que o resultado final sexa o dun hospital novo, e non un arranxado. Dende Sanidade din que con este novo hospital queren paliar a débeda que o Goberno galego tiña con Pontevedra, cunha actuación na que se vai a investir máis preto de cen millóns de euros. Dixo hoxe María Xosé Rubio que o proxecto do Novo Hospital é a mellor resposta ás necesidades sanitarias da cidadanía de Pontevedra, co que se pretende deixar atrás o modelo de plans parciais que, segundo a conselleira, se practicando ata o de agora.

    milihospital_200_001.jpgNa presentación, na que varios membros da comisión do centro de especialización levantaron unha pancarta coa que pedían a dimisión da xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra, María Codeside, ante as longas listas de espera que rexistra, o Conselleira de Sanidade falou da necesidade de traballar na organización interna do futuro centro. María Xosé Rubio tamén indicou hoxe que o novo hospital terá acceso garantido dende o centro da cidade a través de novos accesos que o conectarán coa futura nova rolda.

    En canto ás datas, espérase que as obras non se alonguen máis de catro anos, polo que no 2012 deberían estar rematadas. Coa futura obra, duplicarase o espazo que na actualidade ocupa o hospital de Montecelo. O novo centro terá unha superficie que aumentará en 66.000 metros cadrados os 42.000 de agora. Desta área, 48.000 metros serán para a obra nova, e 18.000 para reformas. Porén o número de camas da hospitalización convencional so pasará das 604 actuais, ás 613; iso si, haberá a posibilidade de aumentalas ata as 681.

    Entras novas actuacións coas que contará o hospital único,segundo o proxecto, estará o novo bloque cirúrxico con 17 quirófanos e 18 camas de recuperación post-anestésica. Apostárase tamén polas ciruxía sen a necesidade do ingreso no centro, que se pretende que acade un 40 por cento da total. As alternativas serán a o crecemento da ciruxía maior ambulatoria, a potenciación da hospitalización de día con 98 camas novas, e un crecemento das consultas externas e de alta resolución. Suprimiranse as barreiras arquitectónicas e crearanse máis habitacións individuais e un novo bloque obstétrico, con sete novas unidades para o parto natural. Porén o Hospital Único seguirá carecendo polo de agora de servizos como de radioterapia.

    Redacción Salnés