O GROVE> A Xunta insiste en que a solución para Thenaisie pasa por atopar un socio industrial que salve a compañía. A situación da conserveira volveu hoxe ao Parlamento Galego, nesta ocasión, a través do PSdeG. Os socialistas acusan á Xunta de ocultar información. Pídenlle ó goberno galego que pase das boas palabras ós feitos.
A situación da conserveira volveu hoxe a debaterse no Parlamento de Galicia. A Xunta insiste en que a súa folla de ruta para Thenaisie segue a se-la mesma. E para que iso sexa posible hai dúas prioridades.
O PSdeG entende que esa solución xa existe: a oferta presentada polo empresario galego Alfonso Caneiro.
O deputado socalista acusa ó goberno galego de vender fume, deixando pasa-lo tempo sen traballar na procura dunha solución. E sospeita que a Xunta ten información que non fai pública.
Dende a Xunta insisten en que o seu único obxectivo é mante-la actividade da empresa e os empregos. Falan, ademais, de colaboración activa na procura dunha solución e dun contacto constante co comité de empresa na procura dese socio industrial.