Usuarios do centro de día rememoran o esplendor do Pazo de Goiáns

    visitasgoiasn100.jpgBOIRO> A apertura do Pazo de Goiáns ó público non puido ter mellor acollida. Tralo exitoso balance da Semana Santa, a finca recibiu unha visita moi especial.

    {flowplayer}barbanza/visitaspazogoians.flv{/flowplayer}

    Un grupo de usuarios do centro de día percorreron as súas instalacións lembrando os tempos de maior esplendor do pazo, convertido hoxe na xoia turística da vila. Malia que seguiron atentamente as explicacións da guía moitos dos visitantes eran xa coñecedores da historia do emblemático pazo. Tanto é así que algúns deles mesmo traballaron na finca hai décadas.

    Durante a visita, os usuarios do centro de día puideron comprobar os efectos do paso do tempo sobre o inmoble, noutrora esplendoroso. A pesar do deterioro das súas instalacións amosáronse contentos de que volva estar aberto ó público xa que, din, non hai mellor sitio para a lembranza.

    Inicio das reformas

    Na actualidade os operarios xa traballan na limpeza e reconstrución do muro exterior e proximamente iniciaranse os primeiros arranxos no edificio principal do pazo que, de momento non pode ser visitado. 

    Os interesados en participar deben inscribirse previamente no departamento de turismo do concello, a través do teléfono 981 84 26 54 ou enviando un correo electrónico a turismo@boiro.org.

    Redacción Barbanza