Sacyr solicitará unha compensación económica pola baixada de tránsitos na autovía

BARBANZA> A empresa Sacyr, concesionaria da autovía do Barbanza, anunciou que solicitará unha compensación económica pola perda do volume de tráfico destes días a consecuencia da crise do coronavirus. A firma acóllese así ó decreto aprobado polo Goberno Central que compensa ás concesionarias polos recortes na mobilidade de vehículos.

A través dun escrito remitido á consellería de Infraestruturas, propietaria do vial, que lle paga a Sacyr un canon anual polo número de vehículos que circulan pola estrada, reclama a dita compensación. E faino ademais con datos, aportando  rexistros de circulación destes días. segundo a firma o venres anterior a que fora decretado o estado de alarma empregaron de media a autovía do Barbanza uns 12.723 coches. O mesmo día do ano anterior a cifra era de 14.517. O primeiro domingo de confinamiento as cifras situábanse en 2.593 fronte ás 9.653 de 2019. Segundo a empresa a situación foi aínda máis relevante este pasado domingo no que tan só circularon pola autovía 1042 vehículos fronte ós preto de catorce mil do mesmo día do ano anterior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí