Landín convencido de que o polígono Barro – Meis seguirá adiante

    fotopoligonocopia.jpgBARRO> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de anular o Plan Sectorial do polígono. Segundo o alcalde, a estas alturas, esta sentenza non ten sentido.

    {flowplayer}images/salnes/SentenciaPoligonoBarroMeis.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Barro, José Antonio Landín e o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, acusaron esta mañá ó BNG de estar detrás desta denuncia. Segundo eles a proba máis clara desto é que o abogado dos demandantes que buscan a paralización do polígono é Vicente García Legísima, actual número seis da candidatura nacionalista de Pontevedra.

    Tanto Landín como Louzán quixeron transmitirlle tranquilidade ós empresarios, sobre todo ós responsables dos 20 proxectos que pretenden arrancar en Barro Meis e que segundo eles suporían máis de 1000 postos de traballo.

    Dixo o alcalde que dende o concello buscarán a vía máis rápida para recurrir esta sentenza e están seguros de que o proxecto seguirá adiante, pois segundo eles, os problemas que puidera haber nun principio agora xa están solventados.

     Os empresarios xa instalados no polígono, pola súa banda, móstranse polo de agora tranquilos, e confían en que o recursos que presentará o concello acabarán resolvendo a situación.

    Mentres a sentencia non sexa definitiva a actividade pode continuar desenvolvéndose con normalidade e mesmo poden darse novas licencias para implantar industrias.

    Redacción Salnés