Os clubs de fumadores gañan terreo como alternativa á lei antitabaco

    fumadores100.jpgBOIRO> Coa prohibición de fumar no interior dos locais hostaleiros, moitos empresarios tiveron que agudizar o enxeño para evitar a perda de clientes.

    {flowplayer}barbanza/clubfumadoresbarbanza.flv{/flowplayer}

    Mentres uns optaron por reformar as terrazas para facelas confortables tanto no inverno como no verán, outros apostaron por redeseñar o negocio converténdoo nun club de fumadores.  É o caso da Asociación dos Amigos dos Labores e a Cultura do Tabaco ARDA con sede na avenida Compostela de Boiro. Os seus fundadores, que ata o de agora rexentaban unha cafetería, decidiron reconvertela neste club social para sortear a perda de clientes introducida pola nova lei.

    Requisitos para socios

    Dende que abriron as súas portas hai un par de meses, o número de socios non ten deixado de medrar. O único requisito para facerse membro é ser maior de idade e aboar unha cota simbólica dun euro ó mes. Daquela xaterán acceso ó local onde reunirse cos amigos e tomar algo sen ter que renunciar ó cigarro.

    Aínda que si é pioneira no concello, a iniciativa de ARDA non é única na comarca. Rianxo conta tamén cun club de fumadores, Fumes de Rianxo, que aglutina a máis de trescentos socios. Non descartan que o seu exemplo cunda proximamente entre outros empresarios da bisbarra.

    Redacción Barbanza