Remolcado ó Náutico de Ribeira un veleiro francés que sufriu un ataque de candorcas

RIBEIRA> Salvamento Marítimo veuse obrigado a realizar esta fin de semana un operativo de rescate a un veleiro tras un ataque de candorcas.

O barco, ‘Le Sterne’, de bandeira francesa, e con tres tripulantes abordo, foi remolcado ata o Club Náutico de Ribeira, cando navegaba a unha milla e media da illa de Sálvora.

Ningún dos seus tripulantes resultou ferido. Segundo relataron, unha vez en terra, foi que sufriran varias acometidas destes animais, que lle provocaron a rotura do temón da embarcación.

A consecuencia diso, o barco permanece amarrado no náutico ribeirense á espera de ser reparado, para poder continuar rumbo ata as Antllas.

Dáse a circunstancia de que este é o segundo incidente rexistrado en poucos días na costa galega. Anteriormente a este foi o veleiro británico ‘Extra Mile’ o que necesitou auxilio cando navegaba a unhas cinco millas ó noroeste da Garda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí