‘O polígono é un desastre e os culpables son Louzán, Landín e Fole’

    fotobarconcopia.jpg PONTEVEDRA> A parlamentaria socialista explicou esta mañá que para o PSOE o peor é que os populares se empeñen en seguir dando licencias.

    {flowplayer}images/salnes/PsoePontevedraPoligonoBarro.flv{/flowplayer}

    Dixo Mar Barcón que o polígono Barro Meis é un auténtico desastre. Un desastre que segundo ela fora xa anunciado polos socialistas na anterior lexislatura, ó non contar con tódolos elementos precisos para sacalo adiante.Tales como a rede de abastecemento de auga e o saneamento.

    Para Barcón a labor de Tomás Fole como xerente do IPESPO, o Instituto encargado de xestionar o polígono, demostra que non é unha persoa fiable para facerse cargo de Vilagarcía.

    Ademais dixo a parlamentaria que o peor de toda esta situación é que o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o alcalde de Barro, José Antonio Landín, actúen coma se esta sentencia non tivera importancia e que anuncien que van seguir dando licenzas.

    Para os socialistas a actuación do Presidente da Deputación neste asunto é unha mostra de incapacidade e unha burla á legalidade.

    Redacción Salnés