Detidos dous romaneses polo roubo nunha tenda de roupa en Vilagarcía

    roubo_titos100.jpgVILAGARCÍA> Pódese dicir que a tenda de roupa Tito’s, tivo onte a peor e a mellor das sortes. Roubáronlle mercancía por valor de 60.000 euros

    {flowplayer}images/salnes/roubo_titos.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Pódese dicir que a tenda de roupa Tito’s de Vilagarcía, tivo onte a peor e a mellor das sortes. Roubáronlle mercancía por valor de 60.000 euros, pero a Garda Civil recuperouna e detivo aos presuntos ladróns na localidade leonesa de La Bañeza.

    Hai dúas semanas, por medio de un butrón, roubaron no estanco de Rey Daviña. Levaron toda a mercancía. Preto de alí, en Ramón y Cajal, a tenda Titos amencía o luns co enreixado roto e a pechadura da porta forzada. Cando a empregada pasou ao interior da tenda, comprobou as súas sospeitas de roubo.

    Logo de chamar á policía, o propietario e a empregada de Tito’s, trataban de asumir a perda de mercancía, por valor de sesenta mil euros, cando chegaron as boas noticias dende a localidade leonesa de La Bañeza. Nun control de rutina da Garda Civil detíñanse a dúas persoas en relación con este suceso. Segundo a dependenta, os presuntos ladróns son romaneses e a furgoneta na que cargaron a mercancía tamén foi roubada en Vilagarcía.

    De non ter recuperado a Garda Civil a roupa de Tito’s, suporíalle arredor do 90 por cento de perdas dos beneficios da tempada. O propietario de Tito’s ten outra tenda, da que se subministrou de mercancía para poder atender ao público, mentres agardan a que a Policía leonesa lles envíe a roubada. Os acontecementos sucederon tan rápido que propietario e dependenta non dan asimilado aínda nin o roubo nin a recuperación da roupa.

    Redacción Salnés