A Festa das Uvas chega a Vilagarcía na súa XIX edición

VILAGARCIA> Como xa é tradición, Vilagarcía despedirá o ano unhas horas antes… a Festa das Uvas volta a vila na súa 19 edición para quentar motores de cara a as 00:00 horas do domingo, momento no que dará comezo o 2018. Os vilagarciáns teñen unha cita o vindeiro domingo as 12:00 na Praza do Concello, para dar un ano máis, e xa van 19, a benvida anticipada ao novo ano 2018. Ano tras ano esta celebración recibe máis adeptos e por iso a organización contará nesta edición con unhas 3.000 bolsas de uvas, 15 kilos gominolas para os que non gusten desta froita. Ademais desta “simbólica” recreación, tamén haberá musica a cargo dun dj e os espectáculos a cargo de performances, que comezaran a facerse ver a iso das 11:00 horas. Os colaboradores de esta iniciativa son asociación de Hotelería Ahituvi, a asociación de comerciantes Zona Aberta, Gadis, Academia Elisa, Froitas Esther, La Metro e a compañía Pablo Méndez Performance.