![]()
CAMBADOS> Nestas obras investíronse ó redor de cen mil euros, a metade concedida pola Deputación de Pontevedra.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_LOUZAN_HORTUMIA.flv{/flowplayer}
O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou esta mañá, xunto ó alcalde de Cambados e o Delegado da Xunta, as instalacións da Cooperativa agrícola Hortumia co gallo da remodelación integral á que se someteron estas instalacións. Unhas obras nas que se inverteron ó redor de cen mil euros, a metade proporcionado polo ente provincial.
A obra consistiu na reforma da fachada e do interior coa ampliación da nave co obxectivo de dedicar un espazo ó almacenaxe. A metade do investimento que se realizou é froito dunha liña de axudas que cada ano concede a Deputación de Pontevedra ás cooperativas agrícolas. O ente provincial concedeu preto de cincuenta e cinco mil euros. O resto repartiuse entre a cooperativa, o concello e a Xunta.
Tanto desde a Cooperativa coma desde o concello agradeceron a colaboración da Deputación.
Louzán engadiu que agora só resta que esta remodelación dea os seus froitos xa que o obxectivo principal é dotar á cooperativa dunhas instalacións que favorezan a comercialización.
Nestes momentos, Hortumia comercializa ó redor de un coma sete millóns de quilos de produtos agrícolas ó ano.
Redacción Salnés









