Deputación e Industria renovan o convenio para manter a Opic

    ofocinaconsumidor copia.jpg PONTEVEDRA> A Oficina de Información ó Consumidor de Pontevedra é a única provincial de Galicia. Nun ano de funcionamento atendeu 156 reclamacións.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_CONSUMO_INDUSTRIA_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    Desde a súa posta en marcha en xaneiro do 2010 ata marzo deste ano, a Oficina de Información Provincial ó Consumidor atendeu 156 reclamacións, na súa maioría relativas a servizos de telefonía, como incumprimento de condicións de contrato ou cobros abusivos, seguidos de cuestións sobre enerxías e reclamacións á banca e outros servizos financeiros. Coa renovación deste convenio de colaboración entre Deputación e Xunta, preténdese mellorar as prestacións que ofrece e o asesoramento á cidadanía.

    O papel de defensa e garantía dos dereitos dos consumidores que realizan desde as oficinas municipais de consumidores, esta provincial ou desde as asociacións de consumidores, vaise reforzar agora coa aprobación da nova Lei de Protección do Consumidor de Galicia, como avanzou o titular de Industria Javier Guerra.

    Redacción Salnés