Os rapaces de Ribadumia aprenden a facer os seus propios xoguetes

    obradoirorap_100copia.jpgRIBADUMIA > O concello de Ribadumia está a desenvolver esta semana o que é o seu último obradoiro infantil do Nadal.

    Nesta ocasión trátase dun taller de creación de xoguetes a partir de materiais de refugallo, no que participan rapaces de entre 3 e 12 anos de idade. Os obradoiros infantís postos en marcha polos concellos permiten que os rapaces pasen entretidos estas datas e aprendan a facer distintas actividades.

    No taller de creación de xoguetes posto en marcha esta semana na casa da cultura de Ribadumia os cativos da vila puxeron en práctica a súa imaxinación na elaboración de petos ou xogos de tres en liña. Esta mañá era a quenda de deseñar os bolos, e os rapaces xa son todos uns expertos na súa creación. Para facer os xoguetes contan con materiais de refugallo.

    A actividade acoden ó redor de 20 rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos do concello. Aínda que esta cantidade varía tamén función do día. O desta semana é o último obradoiro do Nadal do Concello de Ribadumia. Antes xa crearan, un de teatro, de panxoliñas, de cine, contacontos, e un de decoración de Nadal.

    {flowplayer}images/salnes/rapacesribadumia.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés