‘As reivindicacións laborais son hoxe máis necesarias que nunca’

    MANIFESTACION1MAIO copia.jpg VILAGARCÍA> Os sindicatos saen á rúa para clamar contra as políticas laborais do goberno central e pedir novas medidas que freen o paro.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_1_MAIO.flv{/flowplayer}

    As mobilizacións sindicais neste día do traballador arrincaban no Salnés ás once da mañá. A esa hora na praza de Ravella de Vilagarcía, CCOO e UXT comezaban a despregar pancartas e bandeiras para arrincar o seu percorrido reivindicativo polas rúas da cidade. Clamaron contra as políticas do goberno central en materia de emprego, contra os recortes sociais, o aumento da idade de xubilación e pediron novas medidas que freen a sangría do paro.

    Esta semana a Enquisa de Poboación Activa sinalaba que a cifra de parados en toda España rolda os cinco millóns de persoas. Empregados de sectores privados pero tamén nas administracións públicas, onde cada vez se ofertan menos prazas. É por isto que desde Comisións Obreiras aseguran que é o momento de convocar outra folga xeral.

    Detrás da pancarta, representantes de CCOO e UXT no Salnés, xunto a traballadores da comarca e arredores afectados nestes intres pola sombra do desemprego. Puidemos ver por exemplo á delegada do comité de empresa da factoría Clesa, en Caldas, nestes intres sometida a un Expediente de Regulación de Emprego. De novo a CIG e a Confederación Xeral de Traballadores decidiron desmarcarse e convocar mobilizacións por separado, a CXT en Vilagarcía e o sindicato nacionalista en Pontevedra.

    Redacción Salnés