O executivo muradán entrega preto de mil euros á AECC

MUROS> O Concello de Muros vén de realizar unha doazón de preto de mil euros á Asociación Española de loita Contra o Cancro. Esta contía económica foi recadada mediante varias actividades levadas acabo polo Centro de Información a Muller da localidade. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, destacou o traballo que leva a cabo esta asociación, especialmente no financiamento da investigación de novos tratamentos para a cura do cancro, unha enfermidade que sofren tamén moitas veciños do municipio. A rexedora quixo agradecer tamén o traballo do persoal do CIM, que puxo todo o seu esforzo en recadar unha importante contía económica.