Aberto o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios do CELGA en Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira abriu o prazo para inscribirse nos cursos de lingua galega preparatorios para a obtención do CELGA. Os interesados tan só teñen que contactar co  departamento de Normalización Lingüística. O único requisito é ser maior de 16 anos.

 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega preparatorio para as probas CELGA da Xunta de Galicia. Impartirase os martes e mércores en horario de sete a nove.

Os interesados en reservar praza tan só teñen que enviar un correo ó enderezo normalización@ribeira.gal, con data límite o 17 de setembro. Os cursos son de balde e o único requisito para participar é ser maior de 16 anos.