Medra a oposición veciñal ó proxecto da variante para Ribeira

RIBEIRA> Á espera da resolución das alegacións presentadas ó proxecto da variante de Ribeira, cada vez son máis as voces críticas. Moitos veciños rexeitan o trazado proposto pola súa alta afectación a núcleos de vivendas.

O proxecto da variante de Ribeira segue a sumar detractores. Ás críticas formuladas pola plataforma de afectados que xa presentaron alegacións ó proxecto súmanse agora veciños dos núcleos de Fondevila, Cruxeiras ou A Mámoa que amosan a súa oposición ó trazado proposto polo goberno.

Ademais do alto nivel de afectación a fincas e mesmo vivendas, son moitos os que destacan o innecesario do proxecto e o seu impacto ambiental nunha zona de gran valor paisaxístico.

A maioría dos veciños enquisados amósanse máis de acordo coa alternativa formulada pola plataforma de afectados que sería máis económica e menos invasiva.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí