Moitos nervios e algunha bágoa na volta ó cole de Infantil e Primaria

    BARBANZA> 6.023 nenos e nenas de Infantil e Primaria do Barbanza comezan tamén as clases entre o luns e o martes. Os de Ribeira fano un día despois ao celebrar o concello a Festividade de Santa Uxía. Eran as sensacións dos cativos, de entre 3 e 6 anos, que comezaban as clases na Escola de Educación Infantil Fernández Varela da Pobra. Pero, cal era o sentimento das nais e pais? A algúns costoulle máis cá outros despedirse dos seus proxenitores. Algunha bágoa, moito sono, e sobretodo, nervios, para este primeiro día lectivo tras un longo período de vacaciuóns. Nada e máis e nada menos que 92 días. Por iso, é necesario un proceso de adaptación á rutina escolar, tralo periodo estival. Nos fogares, non queda máis remedio, que converterse en verdadeiros expertos en xestión da conciliación.