Sofía Beiras deixa a presidencia de Afasal despois de tres anos

    sofiabeiras copia100.jpgVILAGARCÍA> Os novos membros da directiva coñeceranse a principios do mes de xuño, despois da asemblea de socios da asociación.

    {flowplayer}images/salnes/CAMBIOS_DIRECTIVA_AFASAL.flv{/flowplayer}

    Emocionada, satisfeita coa labor dos últimos anos pero coa idea de que aínda queda moito que facer. Así se amosou Sofía Beiras despois de anunciar a súa retirada da directiva da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Salnés.

    Sofía Beiras ocupou o cargo de presidenta de Afasal dende a súa fundación, tres anos nos que a asociación desenvolveu un importante traballo, asumindo a representación dos familiares de enfermos de Alzheimer. Para todos os que colaboraron con Afasal neste tempo, Sofía Beiras tivo hoxe palabras de agradecemento. Recordando, tamén, unha das batallas pendentes da asociación.

    A nova directiva farase pública no mes de xuño, despois da celebración da asemblea na que os socios decidirán os nomes dos novos membros.

    A pesares de deixar o seu papel á fronte de Afasal, Sofía Beiras asegurou que manterá a súa colaboración coa asociación.

    Redacción Salnés