A V Ruta do Albariño desembarca en Cambados e Meaño esta fin de semana

    CAMBADOS> A V Ruta do Albariño encherá as vilas de Cambados e Meaño de ciclistas. Esta competición terá lugar os vindeiros 17 e 18 de xuño. Os amantes do ciclismo están de noraboa. Este fin de semana, 17 e 18 de xuño os concellos de Meaño e Cambados engalanaranse para recibir a V Ruta do Albariño, que fará un percorrido por diferentes paraxes de estes dous municipios. O presidente da Federación Galega de Ciclismo destacou unha importante participación nesta proba, e agradeceu tamén a promoción do deporte nas categorías junior. Esta edición é un tributo a Modesto Sánchez Alba, máis coñecido como “Teto”. Dende a organización da proba tamén houbo palabras de agradecemento para todos aqueles que fan posible a realización de esta proba.