Cambados solicitará ao Arcebispado a retirada dunha placa franquista da igrexa de San Francisco

CAMBADOS> O Concello de Cambados vaille solicitar ó Arcebispado d Santiago que retire a placa franquista da fachada da Igrexa de San Francisco. O goberno local levará o asunto á vindeira xunta de goberno para facer cumpri-la Lei de Memoria Histórica. A homenaxe ós caídos do bando nacional é un dos poucos vestixios da ditadura que aínda é visible no municipio.

A placa que homenaxea ós caídos do bando nacional está colocada na fachada principal da igrexa de San Francisco. O goberno local quere que sexa retirada canto antes.

Para inicia-lo proceso, o asunto terá que ser abordado en xunta de goberno. De aí sairá a petición formal ó Arcebispado de Santiago para que cumpra a Lei de Memoria Histórica.

A placa franquista da igrexa de San Francisco é un dos poucos vestixios que quedan quedan da ditadura en Cambados.

No rueiro cambadés tampouco queda xa ningunha nomenclatura evidente do franquismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí