Pontecesures celebra a II Feira do automóbil antigo

    feira_automobil_100.jpgPONTECESURES > A Asociación Cultural Mirándolle os Dentes de Pontecesures ven de presentar a II edición da Feira do Automóbil Antigo,…

    … que vai a ter lugar nesta localidade o vindeiro domingo día 6.

    Unha feira que rexurde ca intención de recuperar esta actividade que convertera noutrora a Pontecesures nun referente a nivel autonómico. Deste xeito, o domingo ás 10 abrirá a feira, e as 12.30 terá lugar a ofrenda floral no momento ás feiras do automóbil en memoria dos seus fundadores e colaboradores ó longo do tempo.

    Neste monumento, descubrirase tamén un pedestal de ladrillo, igual ó da primeira feira, que tivo lugar nesta localidade alá polo 1925; e sobre o que se colocará o mesmo automóbil que figurou na edición de 1954; que ten a matrícula número dous da provincia de Pontevedra; e que mesmo fora protagonista daquela do NODO, o único noticieiro da época.

     Ademais, nesta localidade, e só durante o domingo, poderán ver como eran os automóbiles, autobuses ou mesmo os coches de bombeiros antigos.Ou para aqueles que posúan algún vehículo histórico tamén poderán pasarlle a ITV de balde ou comprarlle os repostos.

    No acto de presentación, tamén estiveron presentes a alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro de Cultura, Suso Rey, que quixeron arroupar e colaborar con esta iniciativa cidadá, que ademais coincide, no tempo e no lugar, ca celebración da décimo terceira edición da festa da Lamprea.

    Redacción Salnés