Mario Conde ofrece unha conferencia no Auditorio Municipal

    feca_auditoriocopy.jpgVILAGARCÍA> Esta charla enmárcase dentro do Foro de Debate Feca Forum organizado pola Federación Comarcal de Empresarios de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/TOTAL_COLAS_MARIO_CONDE_FECA.flv{/flowplayer}

    No marco do Foro de debate Feca Forum organizado pola Federación comarcal de empresarios de Arousa, mañá o economista e empresario Mario Conde ofrecerá unha conferencia- coloquio no Auditorio de Vilagarcía. Alí falará do papel da empresa dentro da sociedade civil.

    Baixo o título ‘O empresario e a sociedade civil de hoxe e de mañá’, o economista Mario Conde relatará, tamén neste coloquio, a súa propia experiencia profesional coma empresario, tras achegalas súas impresións sobre a situación da sociedade civil ante a dinámica do mundo actual.

    A charla concorrerá ó longo dunha hora, tempo despois será a quenda das preguntas e da sinatura dos seus libros para os interesados. A conferencia dará comezo ás oito da tarde no Auditorio Municipal. A entrada será de balde.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.