O CIM do Grove recibe 42.000 euros por ser un dos máis activos de Galicia

    O GROVE> A consellería de Presidencia, a través da secretaría xeral de Igualdade, vén de concederlle unha subvención de 42.000 euros cos que seguir desenvolvendo programas de atención e asesoramento ós seus usuarios. Polo volume de actividade, prestacións e programas que ofrece, o Centro de Información á Muller do Grove sitúase entre os máis activos da provincia de Pontevedra e de toda Galicia. Así o destacou esta mañá a secretaria xeral de igualdade durante a súa visita ás instalacións do centro. Susana López Abella aproveitou para destacar que, precisamente por esa elevada actividade, o CIM recibirá 42.000 en concepto de subvención por parte da Xunta. Recoñece Abella que a contía non é suficiente para cubrir tódolos gastos que implica o mantemento do servizo, pero son un apoio máis para garantir a súa continuidade. Segundo informan desde a Xunta, nos últimos catros anos O CIM do Grove recibiu máis de 144.000 euros do goberno galego para a súa posta en marcha e funcionamento. Na actualidade conta con tres traballadoras, psicóloga, asesora xurídica e axente de igualdade. O ano pasado atenderon a 500 persoas e xestionaron 1.300 consultas. Para o alcalde da localidade, Miguel Ángel Pérez, a visita da secretaria xeral é fundamental para coñecer de preto o día a día do centro e ritmo de traballo. Coa achega económica anunciada pola secretaria xeral o CIM poderá seguir desenvolvendo programas de promoción da igualdade, conciliación e prevención da violencia de xénero. Indicar tamén que ademais de contar cun dos centros máis activos da provincia, O Grove como concello está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, un organismo que trata de detectar situacións de risco e promover accións para previr este tipo de violencia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/cimgrove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/CIM_GROVE_SECRETARIA_XERAL_IGUALDADE.mp4{/flowplayer}