Malestar veciñal en Palmeira pola posible instalación dunha antena de telefonía móbil

    RIBEIRA> O BNG de Ribeira recolle a preocupación dos veciños de Palmeira pola instalación dunha antena de telefonía móbil preto do campo de fútbol. Segundo os nacionalistas na dita zona xa existe outra antena, mais a que se pretende instalar agora vai ser moito máis potente e non se está tendo en conta a opinión da veciñanza para a súa colocación. Tanto o BNG como os propios veciños consideran que a dita instalación podería situarse nun lugar máis afastado e reducir as radiacións electromagnéticas que poden prexudicar a saúde. Os nacionalistas teñen intención ademais de realizar unha pregunta ó respecto no pleno do próximo luns para coñecer se a empresa xa solicitou permiso para a instalación da dita antena.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí