Rianxo traballa na posta en marcha dunha plataforma de venda online para o comercio local

RIANXO> O concello de Rianxo traballa na posta en marcha dunha plataforma online para o comercio de proximidade. A iniciativa está a desenvolverse en colaboración coa asociación de empresarios do municipio.

A crise de coronavirus evidenciou que o comercio online veu para quedarse. Boa nota tomaron nos concellos onde o pequeno comercio precisa dunha ferramenta para vender e distribuír os seus artigos. O concello de Rianxo en colaboración coa asociación de empresarios traballa na posta en marcha dunha plataforma aberta a todo o comercio local.

A loxística para a súa posta en marcha non é doada posto que non se trata unicamente de ofertar produtos a través da rede senón tamén de artellar o posterior sistema de reparto.

Para o deseño desta nova ferramenta, o concello rianxeiro mira cara outras iniciativas similares na comarca como o caso de Deán Shop, na Pobra que leva tempo funcionando con éxito.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí