Concentran a loita contra o acoso veciñal cunha Coordinadora

    coordinadora copia100.jpgVILAGARCÍA> A nova asociación ampliará a base social desta loita, afianzando o traballo que dende hai tempo realiza Veciños Anti-Violencia.

    {flowplayer}images/salnes/COORDINADORA_ACOSO_VECINAL.flv{/flowplayer}

    A pesares de que hai tempo que os membros desta Coordinadora loitan contra o acoso veciñal, é agora cando decidiron dar un paso máis no afianzamento da súa tarefa. Dende a organización asegúrase que este é un problema que afecta a un gran número de persoas, de aí que a concienciación social sexa un dos seus principais obxectivos.

    Con esta iniciativa, a agrupación busca ampliar o traballo que neste eido están a realizar outras asociacións, como Veciños Anti-Violencia, concretando nun único organismo esta loita para conseguir o apoio institucional.

    Polo de momento, a Coordinadora aínda non está constituída de xeito legal. A redacción dos estatutos realizarase despois das consultas con varios colectivos que se amosaron interesados en participar nesta iniciativa. Un traballo que ten como primeiro obxectivo manter reunións cos diferentes candidatos á alcaldía arousá, buscando o apoio das institucións.

    Redacción Salnés