O goberno desminte o traslado da Garda Civil de Vilagarcía

VILAGARCIA> A subdelegada do goberno en Pontevedra desminte o peche do cuartel da Garda Civil de Vilagarcía. Culpa ás formacións políticas que queren sacar réditos con falsas informacións. Maica Larriba tamén rexeitou a posibilidade de construír un cuartel en Vilanova.

A garda Civil non marchará de Vilagarcía. Así de clara e contundente se mostrou a subdelegada do goberno en Pontevedra. Asegura que o traslado da benemérita a Cambados é unha información falsa.

Matizou continuará na vila para seguir cumprindo coas súas funcións.

Maica Larriba explicou que a procura dunhas mellores instalacións non significa o traslado do cuartel.

A subdelegada non atopa sentido á recollida de firmas que o PP de Vilagarcía está levando a cabo para, supostamente, manter o cuartel na vila.

Tamén rexeitou a posibilidade de construír un cuartel en Vilanova.

As declaracións da subdelegada do goberno en Pontevedra foron ratificadas polo coronel xefe da Garda Civil en Pontevedra. Simón Venzal asegurou que o cambio de localización non significou retirar o cuartel de Vilagarcía.