Máis de 500 persoas asisten á conferencia ofrecida por Mario Conde

    feca_forum copia.jpgVILAGARCÍA> Esta conferencia enmarcouse dentro do foro de debate Feca Forum organizada pola Federación Comarcal de Empresarios de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/CONFERENCIA_FECA_MARIO_CONDE.flv{/flowplayer}

    A Federación Comarcal de Empresarios de Arousa a través do foro de debate Feca Forum congregou no Auditorio de Vilagarcía a máis de seiscentas persoas co obxectivo de escoitala conferencia- coloquio do ex banqueiro Mario Conde. A charla centrouse na identificación das causas que provocaron a situación de crise actual e nas claves para sorteala.

    Mario Conde situou a orixe da crise na banca e na clase política. Ó tempo destacou que o empresario por si só non atopará a luz senón que terá que ser coa axuda da sociedade.

    Ademais, este experto do mundo das finanzas e da economía relatou a súa experiencia persoal e profesional co que recibiu a ovación tanto dos asistentes á conferencia coma do propio presidente da FECA, José Luis Vilanova.

    Ó termo do encontro, foi a quenda do coloquio. Para os interesados, Conde tamén tivo tempo para asinar algúns dos seus libros entre os que se atopaban os máis recentes ‘Memorias de un preso’ e ‘Días de Gloria’.

    Redacción Salnés