Acordo solidario con Fenosa para evitar os cortes de luz

    VILAGARCÍA> Ningún vilagarcián en dificultades económicas quedará sen luz ou gas. Este é o obxectivo do convenio asinado hoxe entre a empresa Gas Natural Fenosa e o concello de Vilagarcía. Segundo o acordo, Ravella asumirá o pagamento das facturas das persoas vulnerables que soliciten axuda nos servizos sociais municipais.

     

    Os vilagarciáns que pasen por dificultades económicas non terán que temer aos cortes de luz ou de gas. Esta mañá, concello e Gas Natural Fenosa asinaron un convenio para evitar estas situacións.

    O convenio estará vixente durante un ano, aínda que é prorrogable se ambas partes están satisfeitas co funcionamento. Polo de momento, o concello non ten unha estimación das familias que poderán beneficiarse con esta medida.

    Segundo explicou o rexedor, a iniciativa para a sinatura do acordo naceu de Ravella, convertendo a Vilagarcía no segundo concello galego e apostar por esta medida.

    Alberto Varela agradeceu tamén a boa disposición da empresa subministradora para chegar a un acordo que permita pór en marcha a medida.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/sinatura_convenio_gas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/sinatura_convenio_gas.mp4{/flowplayer}