![]()
MEIS> Continúa a vendima da uva albariña Rías Baixas na subzona do Salnés. Estes días algunhas adegas recollen xa as últimas uvas desta…
{flowplayer}images/salnes/avance_vendima_21092010.flv{/flowplayer}
… anada que se prevé especialmente abundante. Unha das adegas máis áxil nestas labouras foi Pazo de Señoráns, situada en Vilanoviña, no Concello de Meis. Aquí levan desde o xoves da semana pasada recollendo a uva das súas 8 hectáreas de plantación propias; ó tempo que recepcionan a uva doutros 180 viticultores da comarca. Tal e como asegura a súa xerente, Marisol Bueno, este ano a producción está a ser especialmente abundante recolléndose unha media de 60 ou 70.000 kilos de uva diarios.
A maiores da fartura, nesta anada cabe salientar, segundo os expertos, a alta graduación alcohólica ca que conta a uva. Pazo de Señoráns remata mañá á noite cas propias labores da vendima. A partir de aquí destinaran os seus esforzos a crear o viño albariño que leva o seu nome, ó tempo que exploran novas posibilidades de mercado para dar saída a este producto tan típico do Val do Salnés.
Redacción Salnés









