VILANOVA> O Presidente do Goberno Central, Mariano Rajoy anuncia novas medidas económicas para o global do país co fin de seguir na senda do crecemento. O máximo mandatario español entende que as reformas levadas a cabo ate o de agora están a dar xa os seus froitos, apoiándose nos últimos datos feitos públicos hoxe pola Oficina Europea de Estatística da Comisión Europea.
O Presidente do Goberno anuncia novas medidas de reforma económicas para ser quen de seguir mantendo o actual estado de benestar. Mariano Rajoy facía estas declaracións esta mañá logo de coñecer os últimos datos da Eurostat, a Oficina Europea de Estatística da Comisión Europea; nos que se salientaba que España foi o país con maior crecemento na zona euro no segundo trimestre deste ano. Un logro que para o Presidente español é froito directo das duras medidas de reaxuste levadas a cabo ate o de agora. Tras estes datosv Rajoy amosouse optimista na senda de crecemento deste país para os próximos tempos. No eido nacional, Rajoy quixo manifestar o seu pésame ó polo pasamento do sacerdote español Miguel Pajares, o primeiro morto en territorio europeo por ébola. Asegurou que intentaría recabar o apoio da Unión Europea na axuda a países aqueixados por esta lacra como Liberia, Nigueria, Guinea ou Sierra Leona; logo de atender a chamada de auxilio da Presidenta de Libeira. Tamén no plano internacional lamentou os cruentos episodios de emigracións masiva que se están a dar estes días na fronteira con Marrocos; unha lamentable situación á que se ven obrigados –dixo- aqueles que procuran un futuro mellor.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/14/rajoy.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/14/rajoy_medidas_economicas.mp4 {/flowplayer}