Veciños de toda a comarca participan na Festa da Bicicleta

    FESTA_BICICLETA copia.jpgVILAGARCÍA> Despois do percorrido polo municipio, a organización sorteou cascos e bicicletas entre os asistentes á ruta.

    {flowplayer}images/salnes/ACTIVIDADES_FINDESEMANA.flv{/flowplayer}

    Maiores, nenos e mozos e ata bebés suxeitos ás bicicletas dos seus pais coas cadeiras especiais. Xente de tódalas idades participou este ano na nova edición da Festa da Bicicleta de Vilagarcía organizada pola Fundación Municipal de Deportes.

     Pouco antes das once da mañá, centos de veciños foron chegando ó punto de partida, o parque do Cavadelo para participar na ruta. Totalmente equipados e con camisetas para a ocasión, obsequio da organización, á hora prevista comezou o percorrido que levou ó pelotón por diversos puntos da cidade.

    As primeiras pedaladas conducíronos ata Vilaxoán para continuar pola zona da Rosaleda, Fontecarmoa e diferentes lugares co obxectivo de emprender o regreso cara o punto de partida. A unha do mediodía, os participantes estaban de novo no Cavadelo onde se puxo o colofón á Festa da Bicicleta co sorteo de diversos premios entre os que se atopaban bicicletas e cascos.

    Maratón Popular

    En Cambados, máis de medio centenar de persoas participaron no maratón popular que discorreu polas principais rúas do municipio desde a Casa Cultural de Oubiña. A esta cita tamén asistiron veciños de tódalas idades, desde maiores ata cativos escoltados polas súas nais.

    Redacción Salnés