7 clubs náuticos da contorna adquiren a certificación de Galicia Calidade

SANXENXO> 7 clubs náuticos da contorna reciben en Sanxenxo o certificado de Galicia Calidade. Segundo o Conselleiro de Economía este recoñecemento supón unha sinal de garantía dos servizos destes clubs. Francisco Conde engadiu que a partir de agora serán embaixadores da comunidade.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Galicia Calidade, concedeu a 14 clubs náuticos da comunidade a licenza para o uso da súa marca de garantías. 7 deles sitúanse na nosa contorna. A Nauta Sanxenxo, que xa contaba con este distintivo, únense o Club Náutico Boiro – Marina Cabo de Cruz,  o club náutico de Portonovo, o Real Club Náutico de Portosín, o Real Club Náutico de Sanxenxo e o Club Náutico de San Vicente do Mar. Con este selo se recoñece a excelencia dos servizos destes clubs.

Con este selo os clubs convértense en embaixadores da comunidade e adquiren un compromiso cos seus clientes, cos traballadores, con Galicia e co medio ambiente.

O alcalde de Sanxenxo sinalou a importancia de facer as cousas con calidade para poder triunfar.

Con estas incorporacións, a marca de Garantía Galicia Calidade conta con 125 establecementos certificados nos diferentes sectores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí